Novas do Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral (ISSGA)

O ISSGA lanza un programa de 72 actuacións para facer fronte á sinistralidade laboral en Galicia ao longo do 2012
• A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe o Plan de Actividades para 2012, á vez que informou dos accidentes laborais que tiveron lugar no 2011.

• O Plan conta con seis eixos e inclúe iniciativas novidosas como a posta en marcha do programa forestal, a análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas, ou a posta en marcha do mapa das enfermidades profesionais, entre outras.

• A sinistralidade laboral en Galicia reduciuse nun 15,61\% en 2011, ao rexistrar un total de 31.149 accidentes con baixa en xornada laboral, 5.763 menos que no 2010.

Santiago, 20 de xaneiro de 2012.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) ven de lanzar un programa articulado en seis eixos que inclúe 72 actuacións nas distintas especialidades preventivas (seguridade, hixiene, ergonomía e psicoloxía, e medicina no traballo) dirixidas a facer fronte á sinistralidade laboral en Galicia ao longo deste ano.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan de Actividades do instituto para 2012, á vez que informou dos accidentes laborais que tiveron lugar no 2011.

O plan conta con seis eixos: xestión de procesos para o desenvolvemento de actuacións de carácter interno; observatorio galego de condicións de traballo, que obtén, procesa e difunde información así como publica os datos estatísticos e o coñecemento xerado; xestión da sinistralidade; accións de colaboración e asesoramento técnico; programas de redución, e formación, difusión e sensibilización.

Segundo explicou Adela Quinzá-Torroja, entre as actividades que se desenvolverán no 2012 cómpre salientar varias iniciativas novidosas como a posta en marcha do programa forestal, a análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas; a posta en marcha do mapa das enfermidades profesionais; a participación na Plataforma Técnica de Saúde Laboral para a declaración de sospeitas de enfermidades profesionais; o desenvolvemento de estudos epidemiolóxicos de redeiras; o estudo das causas dos accidentes graves e mortais en Galicia; o a formación para a administración local.

A creación do programa específico para o sector forestal xustifícase pola súa importancia económica e social, e tamén polas súas taxas de sinistralidade. Os obxectivos a acadar no ano 2012 son o de prestar asesoramento as empresas de maior sinistralidade; desenvolver unha campaña informativa específica en materias relacionadas coa prevención de riscos laborais; engadir contidos específicos en actividades formativas para docentes, no marco do acordo de colaboración suscrito coa Consellería de Medio Rural e os sindicatos agrarios; e elaborar material divulgativo e informativo.

Ademais, a directora do ISSGA indicou que existe unha clara segmentación pola variable de xénero no mercado de traballo, tanto no referido ao sector de actividade como ás ocupacións das mulleres e homes dentro do mesmo sector, o que determina que as cifras de sinistralidade e os tipos de danos sexan diferentes entre ambos sexos.

No ano 2012, os obxectivos que se definen neste eido son a extracción e tratamento dos datos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais en profesións feminizadas, seleccionadas pola importancia cuantitativa e a porcentaxe de mulleres traballadoras; a análise estatística e agrupación polas variables máis significativas; e a elaboración do documento correspondente que se publicará na web.

MAPA DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS

O ISSGA desenvolverá ao longo do 2012 o mapa das enfermidades profesionais co obxectivo de estudar o seu perfil de declaración e as tendencias temporais e espaciais na poboación asalariada de Galicia nos últimos anos, desde a creación do Instituto.

Quinzá-Torroja explicou que “os obxectivos de 2012 pasan por coñecer a incidencia de enfermidade profesional declarada na poboación galega ocupada, a evolución temporal da mesma e a súa distribución territorial, analizándoa cos indicadores demográficos e laborais: grupo e axente segundo sexo, idade, provincia, actividade económica, e localidade do centro de traballo”.

Ademais, no marco da colaboración e asesoramento coa autoridade sanitaria, nos casos de sospeita de enfermidade profesional o ISSGA participará na Plataforma técnica de Saúde Laboral da Autoridade Sanitaria, para o deseño do procedemento de declaración de sospeita e para dar apoio á súa Unidade Central de Saúde Laboral na mellora e avaliación continua do procedemento.

En canto aos estudos epidemiolóxicos de redeiras, a directora do ISSGA apuntou que as características do sector permiten a realización dun estudo epidemiolóxico que inclúa unha mostra moi significativa, de arredor do 30\% do total, de carácter similar ao xa realizado coas mariscadoras, mediante o que se fixeron recoñecementos médicos a máis de 1.000 profesionais ao longo de 2011.

Os obxectivos definidos son o de coñecer o estado de saúde do colectivo e obter información sobre os factores de risco laboral ligados a súa actividade laboral; propoñer, no seu caso, medidas preventivas e de boas prácticas para reducir ditos riscos ou os seus efectos sobre a saúde dos traballadores; e establecer os contactos necesarios, programar e realizar as análises e recoñecementos pertinentes.

Sobre o estudo das causas dos accidentes graves e mortais de Galicia, Adela Quinzá-Torroja sostivo que a redución sostida da sinistralidade laboral, especialmente a que xera accidentes de graves consecuencias, é un dos obxectivos prioritarios das políticas de seguridade e saúde no traballo.

Así, en 2011 iniciouse a recollida sistematizada e a organización deste datos, que permitirá unha primeira aproximación ao estudo cualitativo causal, e establecer unha gradación das máis habituais, así como a clasificación dos tipos de accidentes graves e mortais máis frecuentes, sobre a base das investigacións realizadas.

Doutra banda, o Instituto presta especial atención á formación en prevención de riscos laborais en todos os tramos de idade escolar, aos traballadores e empresarios e aos técnicos de prevención de riscos laborais.

Destacan as accións formativas que chegarán a preto de 8.000 persoas, como a Escola Galega de Prevención de Riscos Laborais; o desenvolvemento de 27 xornadas técnicas formativas propias do ISSGA; así coma outras organizadas en colaboración con outros organismos; 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais, e 3 cursos en liña de formación en prevención de riscos laborais, ademais de un curso específico para actividades de tempo libre (en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude) e outro curso específico para o sector do agro en colaboración coa Consellería de Medio Rural e os sindicatos agrarios, no marco da Aula Virtual do instituto.

Adela Quinzá-Torroja engadiu que o Plan de Actividades do ISSGA para 2012 inclúe a continuidade de liñas postas en marcha en anos anteriores e que tiveron gran aceptación, tales como o impulso da colaboración coa autoridade sanitaria na investigación de enfermidades e vixilancia epidemiolóxica da saúde laboral, o mapa de riscos ergonómicos de Galicia ou o Plan piloto de avaliación de riscos psicosociais na administración.

UN 15,61\% MENOS DE ACCIDENTES EN 2011

A directora do ISSGA aproveitou para informar de que a sinistralidade laboral en Galicia reduciuse nun 15,61\% en 2011 con respecto a 2010, ao rexistrar un total de 31.149 accidentes con baixa en xornada laboral, 5.763 menos que no 2010. De eles, 30.623 foron leves, 474 graves e 52 mortais.

Adela Quinzá-Torroja indicou que a sinistralidade descendeu nas catro provincias galegas (A Coruña -14,39\%, Lugo -12,78\%, Ourense -17,24\%, Pontevedra -17,37\%) e recalcou que os sinistros mortais baixaron en xeral un 18,75 por cento.

Así mesmo resaltou que os accidentes ‘in itinere’, os ocorridos durante os desprazamentos ao ir ou volver do traballo, diminuíron nun 15,04\% con respecto ao ano anterior.

Por sectores, Quinzá-Torroja apuntou que o maior descenso rexistrouse na construción (24,64\%), seguido da industria (17,8\%), dos servizos (11,1\%), a pesca (8\%) e a agricultura (6,2\%).

Publicada a oferta formativa do ISSGA para o 2012
No desenvolvemento de accións de información, divulgación e formación en materia preventiva e dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011 - 2014, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), a través dos seus catro centros provinciais, leva adiante actividades formativas dirixidas a todos os protagonistas da prevención: traballadores/as, empresarios/as e profesionais.

Ademais dos cursos básicos de prevención de riscos laborais, terán lugar 29 xornadas técnicas sobre diversos temas de interese preventivo, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral dos traballadores e traballadoras galegos.

Para unha maior información pódese consultar no apartado de oferta formativa da nosa páxina, www.issga.es.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS 2012

Haberá un total de 41 accións formativas, repartidas do seguinte xeito:

MODALIDADE PRESENCIAL

Cursos básicos de prevención de riscos laborais - 35 horas

- A Coruña: 4
- Lugo: 2
- Ourense: 2
- Pontevedra: 4

Xornadas técnicas:

- A Coruña: 10
- Lugo: 6
- Ourense: 7
- Pontevedra: 6

MODALIDADE A DISTANCIA

Cursos básicos de prevención de riscos laborais – 60 horas: 3 edicións.

Avaliación dos Plans de Loita contra a sinistralidade laboral do ISSGA
No Plan de actividades 2011 do ISSGA, e dentro dos programas a desenvolver no Observatorio Galego de Condicións de Traballo, figura, co epígrafe OGCT5 a avaliación de resultado do Plan de Loita contra a sinistralidade. Este Plan, que ten por obxecto a redución da sinistralidade en empresas concretas, e por extensión en determinados sectores produtivos, consiste fundamentalmente en actuacións de asesoramento técnico e comprobación da aplicación de medidas a empresas nas que concorran ao tempo dúas condicións: que tiveran un nº mínimo de accidentes ao ano (3 ou mais), e que o seu índice de incidencia supere en certa porcentaxe o índice de incidencia do seu sector (+50\%). Dende hai anos véñense desenvolvendo plans similares tamén noutras comunidades autónomas, con certas diferenzas de matiz, especialmente na selección e clasificación das empresas.

Dende a creación do ISSGA en 2008, formulouse a conveniencia de avaliar a efectividade desta actuación, tendo en conta que é unha das actividades que ocupa unha importante carga de traballo técnico. Para isto é necesario ter un horizonte temporal suficiente, que permita analizar tendencias e a evolución da sinistralidade das empresas incluídas, máis que os resultados puntuais e inmediatos; houbo que esperar polo tanto a este ano para podermos compilar a información suficiente, que permita dita avaliación.

Estúdanse as empresas seleccionadas nos anos 2008, 2009 e 2010 nas catro provincias de Galicia. Algunhas empresas, por distintos motivos, (peche, cambio de razón social, etc.), cesaron a súa actividade, non sendo pertinente incluílas nesta análise; por ilo, a comparativa faise soamente para as 835 empresas que mantiñan actividade a decembro de 2010. O parámetro utilizado é o índice de incidencia, por estar menos influído polas variacións de tamaño dos cadros de persoal ou a actividade sectorial que o número absoluto de accidentes. Para a análise da evolución do índice de incidencia, tomáronse para cada unha das 835 empresas, os índices do ano previo á súa inclusión inicial no Plan (Plan 2008-Sinistralidade 2007 e consecuentemente P2009-S2008 e P2010-S2009) e comparáronse co seu índice á data final (Sinistralidade 2010), facéndose interpolación dos datos dos anos intermedios.

Esta avaliación estrutúrase comezando coa análise individualizada da evolución de cada empresa. A continuación, analizarase a evolución da sinistralidade das empresas obxecto do estudio, agrupadas por Plans anuais e por sectores de actividade, e a súa relación con estas mesmas variables tomadas para o conxunto de Galicia. Este estudo analiza tamén o número de traballadores, o de accidentes e os valores dos índices de sinistralidade das empresas incluídas nos plans, tanto para o conxunto, como en agregacións por sectores.
Finalmente, e antes de extraer unhas someras conclusións, indícanse as porcentaxes relativas das empresas obxecto deste estudo fronte aos totais de Galicia.

A sinestralidade laboral reduciuse en Galicia nun 16,14 por cento no mes de novembro
Santiago, 3 de xaneiro de 2012.- A sinestralidade laboral baixou en Galicia un 16,14\% no pasado mes de novembro, período no que se produciron 2.722 accidentes, fronte aos 3.246 ocorridos no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes rexistrados, 2.678 foron accidentes leves, 38 graves e 6 mortais.

O descenso foi xeneralizado en todos os sectores. A cifra máis positiva procede da industria, cunha baixada do 23,63\%; seguida da construción, cun descenso do 23,37\%; dos servizos, cun 8,93\%; da pesca, cunha diminución dos sinistros nun 8,26\%; e da agricultura cunha minoración do 4,86\%.

Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias, encabezando a lista Pontevedra, cunha baixada do 17,62\%; seguida de Ourense cun descenso do 17,20\%; A Coruña co 14,21\% e Lugo cunha diminución do 12,78\%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

Seguindo este criterio, o índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia descendeu un 14,59\% en novembro deste ano respecto ao do ano anterior. Por sectores, o maior descenso foi na industria co 19,82\%, seguido dos servizos cunha diminución do 10,22\%, na construción co 8,06\%, na pesca cunha baixada do 7,01\% e na agricultura cun descenso do 0,34\%.

Diminución do 15,63\% de xaneiro a novembro
A sinestralidade laboral diminuíu un 15,63\% nestes once meses do ano, cun total de 29.208 accidentes laborais fronte aos 34.617 no mesmo período do ano 2010.

Publicada no Observatorio Galego de Condicións de Traballo do ISSGA unha análise da sinistralidade laboral por accidentes de tráfico - Ano 2010
Os accidentes de tráfico teñen un peso importante dentro da estatística de sinistralidade laboral; a redución nos últimos anos do número de vítimas neste tipo de accidentes non se reflicte na sinistralidade viaria laboral que segue a medrar.

Este estudo ten como obxectivo dar unha visión máis polo miúdo dos accidentes laborais acontecidos en, ou por causa dun medio de transporte terrestre, de xeito que se poidan extraer conclusións efectivas para a súa prevención e redución.

Estes accidentes laborais que non adoitan ser obxecto dunha análise específica nos datos periódicos sobre sinistralidade laboral, non só inclúen os sufridos por aqueles profesionais cuxa xornada laboral transcorre na súa totalidade ou nunha parte importante na estrada (transportistas, condutores de autobuses, comerciais, etc.) se non tamén aqueles que acontecen no traxecto normal entre o lugar de traballo e o domicilio e viceversa e que se denominan accidentes \'in itinere\'.

Partindo da importancia numérica destes accidentes, e de que unha parte moi importante dos ac-cidentes  ‘in itinere’ son tamén de tráfico, polo uso tan masivo que teñen os medios de transporte na sociedade actual; e tamén da súa gravidade (o número de accidentes mortais nas estatísticas da D.X.T. indican son unha das principais causas de mortalidade no conxunto do estado), é necesario cuantificar coa maior precisión posible a canto ascenden os accidentes laborais de tráfico e buscar aqueles aspectos que poidan ter maior incidencia en que acontezan, para achar as medidas preventivas máis eficaces para diminuílos.

Metodoloxía

Para a realización deste estudo, os datos obtivéronse mediante descargas do sistema Delt@ dos partes de accidente de traballo acontecidos en Galicia e con data de baixa no ano 2010 e daqueles do mesmo ano e ámbito cuxo valor na sección que se refire ao \"Lugar do accidente\" indica que foi un accidente de tráfico. En ambos conxuntos de datos incluíronse os accidentes en xornada laboral e os acontecidos ‘in itinere’, é dicir, os que suceden no itinerario de ida e volta ao traballo, utilizándose sobre ambos os dous conxuntos de datos unha ferramenta informática propia para o seu tratamento. Estes accidentes foron notificados segundo se establece na Orde TAS/296/2002 de 19 de novembro.

O ISSGA comeza a distribución do material da súa campaña de prevención da fatiga na condución
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o Real Automóvil Club de España (RACE), coa colaboración de Asociación Nacional de Fabricantes de Bebidas Refrescantes Analcohólicas (ANFABRA), están a desenvolver una nova acción de seguridade viaria encamiñada a concienciar os traballadores e as traballadoras da importancia de adoptar hábitos saudables ao volante. Esta acción inclúese dentro da Campaña de Prevención da Fatiga na Condución \"Un refresco, o teu mellor combustible\".

En 2010 producíronse en Galicia 4.175 accidentes de traballo relacionados co tráfico. Destes accidentes, 2.919 (70\%) tiveron lugar ao ir ou volver do centro de traballo e os 1.256 (30\%) restantes aconteceron durante a xornada laboral.

O cansazo provocado pola propia xornada laboral fai que os traxectos de regreso á casa sexan os que presentan un maior risco de accidente. O estudo RACE-ANFABRA sobre fatiga e condución en Galicia revela que un de cada tres galegos iniciou unha viaxe despois da súa xornada laboral, co risco de sinistro. Segundo este estudo, a fatiga provoca unha diminución de atención ao volante, aumenta nun 86\% o tempo de reacción ante un obstáculo e fai que se deixen de ver o 40\% dos sinais.

Así, os datos en Galicia revelan que o 80\% dos condutores galegos sufriron algunha vez somnolencia ao volante, un 52\% picor de ollos e visión borrosa, e un 62\% perdida de concentración. En termos xerais, os datos en Galicia superan a media de España.

Esta campaña conta coa distribución de 10.000 dípticos informativos para os traballadores e as traballadoras e de 300 carteis para as empresas, que tamén se poden descargar na nosa páxina web.

Ademais, terán lugar 100 cursos gratuítos de formación en liña en materia de seguridade viaria para responsables de prevención de riscos nas empresas a través da Academia RACE.  Así mesmo, os usuarios disporán dunha web onde poden consultar informes e estudos sobre a fatiga, www.fatigayconduccion.es.

Sinxelos consellos como descansar cada 2 horas, facer estiramentos cando se leva moito tempo no posto de traballo ou manter hábitos axeitados de hidratación con bebidas como os refrescos, son importantes para manter as funcións físicas e a capacidade cognitiva, e poden reducir significativamente a sinistralidade viaria entre os traballadores.

Xornada técnica sobre seguridade e primeiros auxilios no Centro ISSGA de Ourense
Durante a xornada de hoxe ten lugar no Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Ourense unha xornada técnica sobre seguridade e primeiros auxilios para 67 traballadores do sector eléctrico da empresa Segade Saelco, S.A.

Esta actividade inclúese no acordo marco de cooperación asinado entre o ISSGA e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico e terá unha duración de 9 horas lectivas na que participarán relatores do ISSGA, Gas Natural Unión Fenosa, Segade Saelco, SA e Fremap,  e na que se distribuirá entre os asistentes a Guía técnica de Boas prácticas en prevención de riscos laborais no sector eléctrico elaborada conxuntamente polo ISSGA e ASINEC.

Nela analizarase a sinistralidade de empresa e do sector e trataranse, entre outros, temas relacionados coa implicación dos traballadores na integración da prevención na empresas, coa planificación dos traballos como técnica preventiva, cos aspectos relativos a descargas e tipos de instalacións eléctricas así como cos riscos en espazos confinados, utilización de EPI ou primeiros auxilios.

Curso sobre prevención de riscos laborais no sector eléctrico
Hoxe comeza no Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense un curso de prevención de riscos laborais no sector eléctrico para 24 traballadores da empresa Montajes eléctricos Hermanos Fraguas, SL.

O xefe do Centro do ISSGA en Ourense, Ángel López Álvarez, presentará esta actividade que se enmarca no acordo marco de cooperación asinado entre o ISSGA e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico, e terá unha duración de 20 horas lectivas nas que se analizará a sinistralidade de empresa e sector, reflexionarase sobre a súa evolución, sobre os riscos, as medidas preventivas e a responsabilidade dos traballadores e informarase tamén sobre as novidades normativas en materia de prevención de riscos laborais ao tempo que se fomentará o intercambio de experiencias entre os traballadores nesta materia.

Publicada a Folla de prevención nº 29
Esta folla contén información de interese sobre os tipos de artes de enmalle e a forma de faenar, incidindo nos riscos e medidas preventivas específicos do enmalle; tamén inclúe un vocabulario náutico-pesqueiro.

A súa autora é Paula Pardo Fernández, técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais do servizo de prevención mancomunado Mar Seguro de Galicia.

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral participou nunha xornada organizada pola APD
A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja, participou na xornada As empresas e a prevención de riscos laborais en tempos de crise, incluída no II CICLO \"DIRECTIVOS E SAÚDE\" que organiza a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), e que tivo lugar no Centro Social Novacaixagalicia, Praza de Cervantes, 17 - Santiago de Compostela.

Adela Quinzá-Torroja, interveu cun relatorio no que explicou o Plan Estratéxico para a Prevención de Riscos Laborais en Galicia 2011-2014 así como as principais actividades do ISSGA en 2011.