Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
   
Busca avanzada

Inicio

Benvida á web
Risco químico
Risco químico
Sinistralidade laboral 2009
Sinistralidade laboral 2009
Plan de Actividades 2010
Plan de Actividades 2010
Amianto
Amianto
Novas e eventosNovas e eventos
A SINISTRALIDADE LABORAL DESCENDE EN GALICIA UN 1,64% NO MES DE XULLOA SINISTRALIDADE LABORAL DESCENDE EN GALICIA UN 1,64% NO MES DE XULLO
[06/09/2010] Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2010. A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 1,64% o pasado mes de xullo, período no que se produciron 3.242 accidentes con baixa en xornada laboral, fronte aos 3.296 ocorridos no mesmo mes do ano anterior. Do total dos rexistrados, 3.182 foron casos leves, 49 graves e 11 mortais.
O ISSGA elabora manuais e guías técnicas de prevención de riscos laborais para entidades locais, parques empresariais e pemes
[30/08/2010] - O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral publicará esta nova documentación no segundo semestre deste año - Editará tamén nos próximos meses diversa información referida á saúde laboral en sectores como o da pesca de baixura, o forestal, naval ou eléctrico - Nos seis primeiros deste ano, o organismo da Xunta publicou documentación técnica para o cumprimento da nova normativa
A FORMACIÓN DO ISSGA CONTARÁ CO AVAL DA FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN DE GALICIA DE CARA A OBTER A TARXETA PROFESIONAL A FORMACIÓN DO ISSGA CONTARÁ CO AVAL DA FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN DE GALICIA DE CARA A OBTER A TARXETA PROFESIONAL
[24/08/2010] • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o presidente da Fundación Laboral da Construción de Galicia (FLC) veñen hoxe de asinar un convenio de colaboración en Lugo. • A formación que imparta o ISSGA, tanto a traballadores como a desempregados do sector da construción, será recoñecida para a posterior obtención da Tarxeta Profesional da Construción. • A iniciativa enmárcase no Plan de Actividades 2010 da Xunta para a mellora das condicións de seguridade e saúde laboral e a redución dos riscos laborais.
MAPA DE RISCO QUÍMICO DE GALICIAMAPA DE RISCO QUÍMICO DE GALICIA
[20/08/2010] O ISSGA pon en marcha un proxecto co que pretende elaborar un Mapa de Risco Químico na nosa comunidade autónoma. Este proxecto recollerá datos sobre o uso de produtos químicos perigosos nas empresas galegas co fin de facer un diagnóstico da situación que nos permita exercer o noso labor cun mellor coñecemento da situación, asesorando e prestando a asistencia técnica que precisen as empresas para que o traballo cos produtos químicos non poña en perigo a saúde dos traballadores.
  • Confederación Intersindical Galega
  • Unión General de Trabajadores
  • Comisiones Obreras
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Xunta de Galicia - Consellerría de Traballo e Benestar
  • Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria
  • Xunta de Galicia -  Consellería de Sanidade