Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
   
Busca avanzada

Inicio > Servizos > Lei de transparencia

Lei de transparenciaLei de transparencia
Lei de transparencia
Estas ligazóns abren unha nova xanela no navegador

A lei 4/2006, do 30 de xuño, regula a transparencia, as boas prácticas e a participación cidadá no ámbito da Administración Pública de Galicia.

A transparencia favorece o dereito dos cidadáns a coñecer a actividade da Administración e a controlar as decisións administrativas. A sociedade asume, deste xeito, un papel activo na vida administrativa.

Unha opinión pública informada contribúe a definir a realizar accións públicas respetuosas co interese xeral. É por isto que se incentiva e se facilita o acceso á información administrativa aproveitando o desenvolvemento das novas tecnoloxías como canles de transmisión e de difusión.

Retribucións de altos Cargos:

Contratacións públicas:

Publicacións de procedementos de contratación:

Rexistro de convenios:

Un dos instrumentos básicos de colaboración ao servizo de actuación das administracións públicas son os convenios. O ISSGA pode celebrar convenios de colaboración, coordinación, execución ou asimilables con outras administracións e entidades públicas e privadas no ámbito das súas respectivas competencias.

O Rexistro de convenios pretende ser un elemento fundamental no proceso global de mellora dos mecanismos de transparencia e publicidade da actuación da Xunta de Galicia e do ISSGA. En cumprimento deste compromiso de transparencia, nesta páxina poñemos a disposición da cidadanía a posibilidade de consultar a base de datos dos convenios asinados pola Xunta de Galicia e os seus organismos.

NOTA: Actualmente o Rexistro de Convenios está regulado polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo. Este Decreto entrou en vigor o 4 de novembro de 2006 e establece a obriga de comunicar e inscribir todos os convenios asinados pola Xunta e as súas entidades dependentes.

  • Confederación Intersindical Galega
  • Unión General de Trabajadores
  • Comisiones Obreras
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Xunta de Galicia - Consellerría de Traballo e Benestar
  • Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria
  • Xunta de Galicia -  Consellería de Sanidade