Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de formación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais
O obxecto deste acordo é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC e o ISSGA en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais, mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais.
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o intercambio de datos en materia de seguridade mineira.
O obxecto do presente convenio é regular a colaboración entre o ISSGA e a Cámara para intercambiar datos e informes en materia de riscos laborais nas explotacións mineiras galegas.
Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade e saúde laboral no sector da minaría galega.
O obxecto do presente acordo marco é regular a colaboración entre o ISSGA e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade mineira para avanzar na mellora das condicións de seguridade e salubridade das explotacións mineiras galegas.
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de información, formación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais
O obxecto deste convenio entre a EGAP e o ISSGA é a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do ISSGA, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter informativo, formativo e divulgador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Fundación Laboral da Construción (FLC) para o recoñecemento da formación preventiva impartida polo ISSGA para os efectos da obtención da tarxeta profesional da construción (TPC).
O recoñecemento da formación impartida polo ISSGA e recollida no Libro II do IV Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción para os efectos do seu recoñecemento para a obtención da TPC.