Outros órganos do instituto
A unidade de hixiene analítica situada no centro de Seguridade e Saúde de Pontevedra constitúese como laboratorio de referencia de hixiene analítica, que desenvolverá as súas funcións baixo a dependencia do Servizo Técnico e de Planificación.
O instituto porá en marcha unha comisión permanente de carácter asesor nos aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos, correspondéndolle á Subdirección Xeral Técnica e de Planificación a coordinación e xestión da dita comisión.
A comisión estará presidida polo subdirector/a xeral técnicos e de planificación e, dela, ademais de representantes da autoridade laboral, poderán formar parte representantes das unidades de igualdade dos departamentos da Xunta de Galicia.