Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
   
Busca avanzada

Inicio > O ISSGA > Obxectivos

ObxectivosObxectivos
Obxectivos
Estas ligazóns abren unha nova xanela no navegador

As actuacións para desenvolver no marco da seguridade e saúde laboral deben partir dunha formulación global de benestar no traballo e dun contorno de traballo de calidade, levando ao establecemento duns obxectivos xerais que se poderían resumir nos seguintes:

  1. Desenvolver accións de información, divulgación e formación, en materia preventiva.
  2. Realizar o asesoramento e o control das accións técnico - preventivas, sen prexuízo das competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dirixidas á diminución dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que se realicen nas empresas para elevar a protección da seguridade e a saúde das traballadoras e dos traballadores.
  3. Prestarlles ás empresas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, ás traballadoras e traballadores, ás administracións públicas, aos sindicatos, ás asociacións empresariais e aos demais axentes económicos e sociais asesoramento e asistencia técnica para o mellor cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
  4. Realizar o seguimento, coordinar e promover a colaboración de accións en materia de prevención de riscos laborais dos diferentes departamentos da Administración Autonómica, así como aqueles organismos estatais e internacionais orientados aos mesmos fins.
  5. Fomentar a prevención de riscos laborais a través do seu tratamento como materia horizontal no ensino regrado e non regrado.
  • Confederación Intersindical Galega
  • Unión General de Trabajadores
  • Comisiones Obreras
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Xunta de Galicia - Consellerría de Traballo e Benestar
  • Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria
  • Xunta de Galicia -  Consellería de Sanidade