A Comisión de Goberno.
A comisión de Goberno é o máximo órgano de dirección do instituto. Os seus membros, agás os designados por razón do seu cargo, serán nomeados por orde da persoa titular da consellería competente en materia de traballo, por proposta das consellerías e das organizacións empresariais e sindicais.
Correspóndelle á Comisión de Goberno, máximo órgano de dirección do instituto, o desenvolvemento das funcións recollidas no artigo 8º da Lei 14/2007, do 30 de outubro.