Acercamento ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral como organismo que nace para xestionar e coordinar as políticas de prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma.
A comisión de goberno estará integrada, ademais de polo director ou a directoria xeral, que exercerá a súa presidencia, por once membros, cinco en representación da administración e seis dos axentes sociais.
Descrición dos obxectivos que, logo da posta en marcha do Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais, desenvolverá o ISSGA coa finalidade da mellora da seguridade e saúde laboral no ámbito autonómico galego.
Para o desenvolvemento dos fins e funcións que lle atribúen os artigos 3 e 4 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral contará cos órganos e unidades que se establecen no Decreto 130/2008, do 19 de xuño.
Esta pequena guía da imaxe corporativa debe entenderse como unha referencia de normas gráficas que o ISSGA pon á disposición dos usuarios para facilitar a aplicación do símbolo corporativo e logotipo.