Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
   
Busca avanzada

Inicio > Oferta Formativa

Oferta formativaOferta formativa
Oferta formativa
 
Presentación
 

A Lei de Prevención de Riscos Laborais establece entre outras obrigas, a de proporcionar aos traballadores formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo.

Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de vida no traballo.

Neste liña, a oferta formativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúda Laboral (ISSGA), que se desenvolve nos centros de seguridade e saúde laboral, ten o propósito de proporcionar formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e dar cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2006 – 2010.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.

Co obxectivo de promover, sensibilizar e incrementar os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais, elaborouse este programa de actividades formativas que agardamos axude á mellora das condicións de seguridade e saúde laboral no traballo.

 
Información Xeral
 

Dende o ano 2009 incorporouse á oferta formativa a modalidade de formación a distancia, cun curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación, para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no Anexo IV-A) do Regulamento dos Servicios de Prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.

 

As actividades formativas presenciais impartiranse por técnicos especialistas nas distintas disciplinas preventivas e realizaranse nos centros provinciais de seguridade e saúde laboral de xeito gratuíto e con carácter xeral, en xornada de mañá.

 

O número de prazas é limitado, polo que a selección dos asistentes se realizará en función dos distintos criterios como son as necesidades de homoxeneización do grupo, vinculación laboral coa prevención, incorporación ou mellora laboral e orden de inscrición. 

 

Para a impartición dos cursos esixirase un número mínimo de alumnos.

 

As solicitudes de inscrición poderán facerse a través da páxina web do ISSGA, www.issga.es, ou cubrindo o documento anexo que deberá ser achegado ao centro de seguridade e saúde laboral onde teña lugar a acción formativa.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE UN MES ANTES DA DATA DE INICIO DA ACTIVIDADE FORMATIVA. Unha vez finalizado o proceso de selección, comunicarase a admisión dos participantes seleccionados. A persoa admitida que non puidera acudir comunicarao ao ISSGA, coa suficiente antelación, para posibilitar que outra persoa poida beneficiarse desa formación.

A falta de asistencia superior ao 10% das horas lectivas programadas, aínda estando xustificadas no prazo e forma, imposibilitará a expedición do diploma correspondente.

Ao rematar as actividades previstas entregarase diploma ou certificado de asistencia.

O ISSGA reserva para si calquera modificación sobre a programación das accións formativas, logo do aviso aos interesados, sen prexuízo de publicalo coa antelación suficiente na súa páxina web.

 

Oferta formativa:
  • Cursos de nivel básico para a prevención de riscos laborais

    Corresponde aos establecidos no Regulamento dos Servicios de Prevención (Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro).

    Obxectivos

    1. Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da             prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.

    2. Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.
     
    Contido
     
    1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
    2. Riscos xerais e a súa prevención.
    3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
    4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
    5. Primeiros auxilios.
    6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.

    Duración

    Estes cursos, con carácter xeral, teñen una duración de 35 ou 60 horas e desenvolven o programa formativo establecido nos anexos IV-B) o IV-A) do citado Regulamento, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 ou 10 horas respectivamente. 

      

  • Cursos de especialidades

    Co obxectivo de afondar en ramas específicas da prevención de riscos laborais, realizaranse diversos cursos de especialidades que permitirán acadar ou reforzar os coñecementos naqueles temas que sexan de máis interese.

     

  • Xornadas técnicas

    As xornadas técnicas teñen como obxectivo analizar e expoñer, dende distintos puntos de vista, un tema específico de interese preventivo.

    O tema a debate exponse por especialistas en prevención, técnicos, fabricantes e representantes da Administración, organizacións empresariais e sindicatos.

    Destinatarios

    1. Empresarios, directores técnicos de empresas e institucións públicas.

    2. Técnicos e profesionais da prevención de riscos laborais.

    3. Cadros e dirixentes sindicais.

    Finalidade

    Proporcionar aos participantes información e coñecementos sobre a normativa e aspectos técnicos da seguridade e a saúde no traballo.

     

  • Formación en liña

    A formación en liña nace para facer máis accesible a formación en prevención de riscos laborais, dun xeito sinxelo e eficaz.

    Obxectivos

     
    Chegar ás persoas alonxadas xeográficamente dos centros ou que non poden asistir as accións formativas por incompatibilidade horaria.
    • Fomentar e facilitar a formación continua en materia de prevención de riscos laborais.
    • Acadar unha formación personalizada, interactiva e eminentemente práctica.
    • Afianzar a modalidade de teleformación coma unha ponte cara á igualdade de oportunidades.
    Acceso
     
    Unha vez comunicada por correo electrónico a admisión ao curso solicitado farase chegar do mesmo xeito a súa identificación de usuario e chave de acceso á plataforma do curso correspondente a través da páxina web do ISSGA.
     
  • Acceso aos cursos en liña

    Dende aquí poderá acceder aos cursos en liña dispoñibles.

A información completa sobre a oferta formativa do ano 2010 en materia de Prevención de Riscos Laborais pode ser descargada a través do seguinte enlace en formato PDF:
  • Confederación Intersindical Galega
  • Unión General de Trabajadores
  • Comisiones Obreras
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Xunta de Galicia - Consellerría de Traballo e Benestar
  • Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria
  • Xunta de Galicia -  Consellería de Sanidade