Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
   
Busca avanzada

Inicio > Estatísticas > Estatísticas de Galicia

Estatísticas de GaliciaEstatísticas de Galicia
Estadísticas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
 
 
Observatorio Galego de condicións de traballo
 
Creado coma un instrumento de xestión da información e análise das condicións de traballo e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral da poboación traballadora galega, recolle, e analiza os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, que apoie a toma de decisións en materia de prevención de riscos laborais e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico coma no social para orientar políticas na materia.
 
Obxectivos:
 
• Seguimento integrado da prevención de riscos laborais.
• Elaborar e publicar as estatísticas periódicas sobre sinistralidade.
• Investigación e impacto dos programas públicos en prevención de riscos
laborais.
• Estruturar, manter, xestionar e difundir a información obtida.
• Levar a cabo análises dos riscos laborais dende unha perspectiva de xénero e
en relación con colectivos de traballadores especialmente sensíbeis.
 
A través do Observatorio Galego de condicións de traballo dáse resposta ao establecido no Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, no seu obxectivo 6, liña 1, en canto a garantir a información periódica sobre sinistralidade e enfermidades profesionais en Galicia.
 
  • Estatísticas

    A información estatística da sinistralidade laboral obtense dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á Autoridade Laboral de Galicia

    A continuación póñense a súa disposición as estatísticas mensuais e anuais existentes tanto no ámbito da nosa Comunidade Autónoma:

  • Estudos

    Publicacións que analizan aspectos concretos relacionados cos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.

  • Aplicacións

    Ferramentas que permiten obter información en relación con diversos aspectos relacionados coas condicións de traballo.

  • Confederación Intersindical Galega
  • Unión General de Trabajadores
  • Comisiones Obreras
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Xunta de Galicia - Consellerría de Traballo e Benestar
  • Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria
  • Xunta de Galicia -  Consellería de Sanidade