Estadísticas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Observatorio Galego de condicións de traballo
Creado coma un instrumento de xestión da información e análise das condicións de traballo e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral da poboación traballadora galega, recolle, e analiza os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, que apoie a toma de decisións en materia de prevención de riscos laborais e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico coma no social para orientar políticas na materia.
Obxectivos:
• Seguimento integrado da prevención de riscos laborais.
• Elaborar e publicar as estatísticas periódicas sobre sinistralidade.
• Investigación e impacto dos programas públicos en prevención de riscos
laborais.
• Estruturar, manter, xestionar e difundir a información obtida.
• Levar a cabo análises dos riscos laborais dende unha perspectiva de xénero e
en relación con colectivos de traballadores especialmente sensíbeis.
A través do Observatorio Galego de condicións de traballo dáse resposta ao establecido no Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, no seu obxectivo 6, liña 1, en canto a garantir a información periódica sobre sinistralidade e enfermidades profesionais en Galicia.
O Ministerio de Traballo e Emigración elabora estatísticas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e Eurostat (Unión Europea) publican datos estatísticos de interese que poden ser consultados no ligazón seguinte: