Observatorio

Sinistralidade laboral en traballadores de 55 e máis anos. Anos 2012-2016

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) é un organismo autónomo adscrito organicamente á Consellería de Economía, Emprego e Industria. De acordo co establecido na Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula, configúrase como un órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de seguridade e saúde no traballo.

Consonte á súa normativa reguladora, o Instituto desenvolve a súa actuación mediante un plan anual de actividades, como instrumento fundamental para dar cumprimento aos fins e desenvolver as funcións que lle son propias, no marco da estratexia que nesta materia adoptan os poderes públicos de Galicia.

Un dos eixos nos que se agrupan as actividades a desenvolver polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral durante o ano 2017, e que vertebran os Plan de actividades, é o Observatorio Galego de Condición de Traballo.

O Observatorio Galego de Condicións de Traballo configúrase como un espazo de xestión da información e análise das condicións de traballo en Galicia e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral na poboación traballadora. Nel se recollen e analizan os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, de xeito que apoie a toma de decisións en materia de prevención de riscos laborais e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico como no social, para orientar as políticas públicas nesta materia.

Unha das fichas do devandito Observatorio é a Análise, tratamento estatístico e elaboración de estudos sobre os accidentes de traballo na cal a realización dun Estudo estatístico da sinistralidade laboral nas persoas traballadoras de máis de 55 anos é unha das actuacións.

Neste estudo, mediante a análise dun conxunto de variables seleccionadas, coas cales se desagregan os datos dos accidentes laborais notificados, búscanse as posibles diferenzas da sinistralidade do persoal traballador dependendo da súa idade e especificamente naqueles de 55 anos e maiores.

Sinistralidade laboral en traballadores de 55 e máis anos. Anos 2012-2016

Listado de Pdf's