Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
   
Busca avanzada

Inicio > Aviso legal

Aviso LegalAviso Legal
Aviso Legal

Condicións e termos de uso da web institucional

Propiedade intelectual

Os dereitos de propiedad intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, en adiante ISSGA.

Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos do ISSGA, facilitando así as súas relacións co ISSGA.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e nos substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o ISSGA non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

O ISSGA non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inaxeitado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estricto exercicio das súas competencias.

O ISSGA non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.

O ISSGA reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Caixas de correo

O ISSGA non se responsabiliza das contestacións realizadas a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela efecto xurídico vinculante algún.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcíons do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Recomendacións de acceso

O ISSGA procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigatos, Mozilla e derivados (Firefox), Ópera, Internet Explorer, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 800 x 600 píxeles e 1024 x 768 píxeles.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Política de Privacidade

Protección de datos personais

No sitio web do ISSGA só se solicitan os datos imprescindibles para proporcionar os servizos da web, estes datos non se ceden a terceiros.

O tratamento dos datos de carácter persoal realizado a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, da Protección de datos de Carácter Persoal, e no resto da normativa aplicable. Os datos recollidos trasladaranse informaticamente ao arquivaranse co consentimiento do cidadán, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para os usas, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislacion vixente.

Recollida de datos estatísticos

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecer o mellor servizo, se analizan o número de visitas e páxinas visitadas, así como a actividade dos visitantes da web e a súa frecuencia de utilización. O ISSGA non emprega cookies para recoller información dos usuarios desde a súa páxina web nin rexistra os seus enderezos IP.

Ligazóns

Esta política de privacidade só é aplicable á páxina web do ISSGA, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns desde este sitio con outras webs.

  • Confederación Intersindical Galega
  • Unión General de Trabajadores
  • Comisiones Obreras
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Xunta de Galicia - Consellerría de Traballo e Benestar
  • Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria
  • Xunta de Galicia -  Consellería de Sanidade